RubiStar RubiStar
4 Teachers Tools
 RubiStar en Español     
Home | Find Rubric | Create Rubric | Login | Sign Up | Tutorial    
    Create Rubrics for your Project-Based Learning Activities

Print Page
Rubric ID: 2637015
Find out how to make this rubric interactive

    Busca, compara e atopa á persoa emprendedora


CATEGORY
4
3
2
1
É capaz de traballar de maneira colaborativa para poder chegar a unha conclusión de grupo
Participa de maneira activa no seu grupo contribuíndo ao cumprimento do obxectivo do reto, aporta propostas, solucións, é capaz de flexibilizar o seu punto de vista, axuda aos compañeiros/as e se deixa axudar. Disfruta co traballo en grupo
Participa no seu grupo contribuíndo ao cumprimento do obxectivo do reto, pero non sempre aporta propostas, solucións nin é capaz de flexibilizar o seu punto de vista. Axuda aos compañeiros/as e se deixa axudar. O traballo en grupo resúltalle interesante.
Participa no seu grupo de maneira pasiva, interésalle cumprir o reto pero realiza poucas ou ningunha aportación ao grupo. Déixase axudar.
O comportamento non é colaborativo, máis ben é disruptivo. Non se compromete co cumprimento do reto por parte do grupo nin é consciente da súa intervención/non intervencion nos resultados do grupo. Cando intervén ten dificultades importantes para flexibilizar o seu punto de vista. Non se deixa axudar nin axudas aos compañeiros/as
Analiza as biografías identificando puntos en común que lle permiten diferenciar dous grupos: persoa emprendedora/persoa non emprendedora
Identifica de maneira correcta en tódolos casos ou nun mínimo de 8 casos as dúas categorías: persoa emprendedora e persoa non emprendedora. Para elo realiza un análise comparativo basado en criterios correctos que logra identificar nas biografías.
Identifica de maneira correcta nun mínimo de 6 casos as dúas categorías: persoa emprendedora e persoa non emprendedora. Para elo realiza un análise comparativo basado en criterios correctos que logra identificar nas biografías.
Identifica de maneira correcta nun mínimo de 4 casos as dúas categorías: persoa emprendedora e persoa non emprendedora. Para elo realiza un análise comparativo basado en criterios que a veces confunde e non sempre lle permite identificar nas biografía.
Unicamente identifica de maneira correcta en 2 casos ou menos as dúas categorías: persoa emprendedora e persoa non emprendedora. Non ten claro os criterios para analizar cada caso ou realiza o análise ao chou ou non o realiza.
Expón con claridade e criterio as conclusións do grupo de maneira oral e escrita
Reflicte no diario de traballo de maneira correcta, clara, concisa as conclusións do grupo. Redacta con ortografía, sintaxe e estilo orixinal, o texto é claro e correcto. A exposición oral permite comprender perfectamente as conclusión do grupo. Exposición orixinal e creativa.
Reflicte no diario de traballo de maneira correcta, clara, concisa as conclusións do grupo. Redacta con algunha falta de ortografía, sintaxe e estilo correcto, o texto é claro e correcto. A exposición oral permite comprender perfectamente as conclusión do grupo.
Reflicte no diario de traballo as conclusións do grupo pero non de maneira clara e concisa. Redacta con bastantes faltas de ortografía, a sintaxe non é correcta. A exposición oral resulta algo confusa e pouco estruturada.
Non reflicte no diario de traballo as conclusións do grupo ou resulta ilexible. Redacta con moitas faltas de ortografía, a sintaxe non é correcta. A exposición oral é moi confusa e nada clara.

Date Created: July 28, 2016
Date Last Modified: August 02, 2016
Teachers.org QuizStar | TrackStar | NoteStar | Profiler Pro | More Tools RubiStar en Español | Contact Us | Terms of Use  
Copyright. © 2000-2008, ALTEC at University of Kansas