RubiStar RubiStar
4 Teachers Tools
 RubiStar en Español     
Home | Find Rubric | Create Rubric | Login | Sign Up | Tutorial    
    Create Rubrics for your Project-Based Learning Activities

Print Page
Rubric ID: 2637276
Find out how to make this rubric interactive

    Folleto : Investigación emprendedores/as locais


CATEGORY
4
3
2
1
Emprega as fontes de información facilitadas na web
Consulta previamente na casa todos os documentos ofrecidos na web para a realización do produto. Consulta na aula as dúbidas que se lle presentan.
Consulta previamente na casa algúns dos documentos ofrecidos na web para a realización do produto. Consulta na aula as dúbidas que se lle presentan
Consulta na aula os documentos ofrecidos na web para a realización do produto. Non consulta dúbidas.
Non amosa interese en consultar os documentos, nin en consultar/resolver dúbidas
Inclúe información pertinente e precisa no folleto
Inclúe no folleto información sobre o emprendemento local de maneira precisa e correcta na súa totalidade ou ata un 80%.
Inclúe no folleto información sobre o emprendemento local de maneira precisa e correcta entre un 79-60%.
Inclúe no folleto información sobre o emprendemento local de maneira precisa e correcta entre un 59-45%.
Inclúe no folleto información sobre o emprendemento local de maneira precisa e correcta por debaixo do 45%.
Realiza un folleto atractivo e organizado
Deseña un folleto excepcionalmente atractivo e unha información ben organizada.
Deseña un folleto cun formato atractivo e unha información ben organizada.
Deseña un folleto con información ben organizada.
Deseña un folleto cun formato e organización confuso para o lector.
Coñece a situación do emprendemento local gracias á investigación
Descubre datos relevantes do emprendemento xuvenil no seu concello e é capaz de chegar a conclusións e responder a preguntas relacionadas con este tema.
Descubre datos relevantes do emprendemento xuvenil no seu concello e é capaz de chegar a bastantes conclusións e responder a case todas as preguntas relacionadas con este tema.
Descubre algúns datos relevantes do emprendemento xuvenil no seu concello e é capaz de chegar a algunhas conclusións e responder unhas poucas preguntas relacionadas con este tema.
Non descubre información nova nin chega a conclusións nin resolve cuestións acertadamente.
Redacta o folleto con corrección ortográfica
Redacta o folleto sen erros ortográficos
Redacta o folleto unicamente con 1 erro ortográfico.
Redacta o folleto con 3 erros ortográficos.
Redacta con máis de 3 errores ortográficos.
Redacta cun estilo persoal que facilita a lectura
Aporta un estilo persoal que diferencia o folleto e o fai único.
Aporta un estilo persoal que diferencia o folleto dos demáis.
Aporta un estilo persoal que consigue modificando unha plantilla.
Non aporta un estilo persoal.
Escribe con corrección gramatical
Non comete erros gramaticais no folleto.
Non comete erros gramaticais despois da revisión do grupo ou do profesor/a.
Comete 1-2 erros gramaticais no folleto despois da revisión.
Comete varios erros gramaticais no folleto aínda despois da revisión por parte de un adulto.
Participa de maneira colaborativa cos seus compañeiros/as para realizar o produto
Participa de maneira activa no seu grupo contribuíndo ao deseño do folleto, aporta propostas, solucións, é capaz de flexibilizar o seu punto de vista, axuda aos compañeiros/as e se deixa axudar. Disfruta co traballo en grupo
Participa no seu grupo contribuíndo ao deseño do folleto, pero non sempre aporta propostas, solucións nin é capaz de flexibilizar o seu punto de vista. Axuda aos compañeiros/as e se deixa axudar. O traballo en grupo resúltalle interesant
Participa no seu grupo de maneira pasiva, interésalle cumprir o reto pero realiza poucas ou ningunha aportación ao grupo. Déixase axudar.
O comportamento non é colaborativo, máis ben é disruptivo. Non se compromete co cumprimento do reto por parte do grupo nin é consciente da súa intervención/non intervencion nos resultados do grupo. Cando intervén ten dificultades importantes para flexibilizar o seu punto de vista. Non se deixa axudar nin axuda aos compañeiros/as.
Propón un emprendedor/a para innunha charla de emprendedores/as locais e toma contacto con el/ela
Investiga sobre os emprendedores/as da súa localidade escollendo un/unha. A súa elección está baseada nun criterio relacionado co resultado da investigación. Motívalle tomar contacto con el/ela e o consigue aínda que este/a non responda á suxestión de participar.
Investiga sobre os emprendedores/as da súa localidade escollendo un/unha sen empregar ningún criterio relacionado co resultado da investigación. Motívalle tomar contacto con el/ela e o consigue aínda que este/a non responda á suxestión de participar.
Investiga sobre os emprendedores/as da súa localidade escollendo un/unha sen ningún criterio relacionado co resultado da investigación. Non lle interesa tomar contacto con el/ela e o consigue só se non non necesita ser perseverante e facer varios intentos.
Investiga de maneira insuficiente a situación do emprendemento xuvenil de maneira que non logra tomar contacto con ninguén. Non lle motiva o tema.

Date Created: August 01, 2016
Date Last Modified: August 02, 2016
Teachers.org QuizStar | TrackStar | NoteStar | Profiler Pro | More Tools RubiStar en Español | Contact Us | Terms of Use  
Copyright. © 2000-2008, ALTEC at University of Kansas