Rubistar
Rubric Made Using:
RubiStar ( http://rubistar.4teachers.org )



    Colección de biografías 1000 leguas de viaxe a min mesmo


    Teacher Name: EMPRENDEMENTO


    Student Name:     ________________________________________

CATEGORY
4
3
2
1
Participa de maneira activa e colaborativa no seu equipo de traballo co fin de deseñar unha colección
Amosa interese e se centra na tarefa. Traballa de maneira colaborativa co seu grupo de compañeiros e compañeiras aportando ideas, propostas e solucións para completar a colección de biografías. Axuda e déisaxe axudar.
Amosa algo de interese e se centra na tarefa. Traballa de maneira colaborativa co seu grupo de compañeiros e compañeiras, aportando ocasionalmente ideas, propostas e solucións para completar a colección de biografías. Axuda e déisaxe axudar.
Amosa interese e concentración na tarefa de maneira ocasional. Ten unha actitude pasiva.
Non amosa interese nin se centra na tarefa. A súa actitude disruptiva non facilita o cumprimento dos obxectivos do seu grupo.
Emprega os recursos facilitados na web para documentarse
Consulta previamente na casa todos os documentos ofrecidos na web para a realización do produto. Consulta na aula as dúbidas que se lle presentan.
Consulta previamente na casa algúns dos documentos ofrecidos na web para a realización do produto. Consulta na aula as dúbidas que se lle presentan.
Consulta na aula os documentos ofrecidos na web para a realización do produto. Non consulta dúbidas.
Non amosa interese en consultar os documentos, nin en consultar/resolver dúbidas.
Realiza unha colección cun número suficiente de biografías que recollen os requisitos indicados
Realiza unha colección en grupo que inclúe 5 ou máis biografías e a súa propia autobiografía, e cumpre coas condicións indicadas: incluír competencias persoais e profesionais e datos biográficos en positivo.
Realiza unha colección en grupo que inclúe 4 biografías e a súa propia autobiografía, e cumpre coas condicións indicadas: incluír competencias persoais e profesionais e datos biográficos en positivo.
Realiza unha colección en grupo que inclúe 3 biografías e a súa propia autobiografía, e cumpre parcialmente as condicións indicadas: incluír competencias persoais e profesionais e datos biográficos en positivo.
Realiza unha colección en grupo que que ten menos de 2 biografías/autobiografías e/ou e non cumpre cos requisitos: incluír competencias persoais e profesionais e datos biográficos en positivo.
Estrutura a información de cada biografía de maneira adecuada e seguindo uns criterios comúns
Presenta as biografías/autobiografías da colección de maneira estruturada e cos mesmos apartados: datos biográficos, tipo de competencias. A súa lectura é fácil e comprensible.
Presenta as biografías/autobiografías con certa estrutura pero non sigue un modelo único. A súa lectura é fácil e comprensible.
Presenta as biografías/autobiografías cos contidos desorganizados. A súa lectura non é fácil.
Presenta as biografías/autobiografías cos contidos desorganizados e incompletos. A súa lectura non é fácil nin comprensible.
Presenta a colección de maneira orixinal e correcta
Realiza unha presentación atractiva, interesante e orixinal.
Realiza unha presentación atractiva e interesante.
Realiza unha presentación correcta pero non é actractiva nin orixinal.
Realiza unha presentación que non é correcta.


 Teacher Home



Copyright © 2000-2007 Advanced Learning Technologies in Education Consortia ALTEC

To view information about the Privacy Policies and the Terms of Use, please go to the following web address:
http://rubistar.4teachers.org/index.php?screen=TermsOfUse